go_content

A empresa

EMBRIOMARKET S.L. é unha empresa dedicada ao comercio de xenética bovina, fundamentalmente de embrións e asesoramento ao gandeiro en materia de selección e mellora gandeira. O plan de negocio baséase na intermediación comercial comisionista, poñendo en contacto a vendedores con compradores sen necesidade de interacción. A ferramenta base é unha plataforma de Internet, unha moderna e potente páxina web dotada dun sistema de formación e comunicación aos clientes áxil e eficiente. Embriomarket nace da man de profesionais do sector cunha forte implantación e prestixio, ademais dunha longa experiencia neste tipo de comercio. Compleméntase ademais coa empresa de servizos especializados en transferencia embrionaria e autorizada para o comercio intracomunitario, EMBRIOVET S.L., tamén cunha forte implantación e prestixio no sector en toda España. EMBRIOVET e EMBRIOMARKET forman unha alianza estratéxica do tipo Joint Venture (xuntos na aventura), cuxa acción conxunta ofrece ao cliente os servizos máis completos de transferencia embrionaria, asesoría xenética e comercialización, incluíndo importación e exportación, combinando a plataforma de internet e o fluxo continuo de información coa presencia e a labor técnica nas granxas. A fidelización do cliente é unha máxima que perseguimos ofrecendo seriedade, calidade e garantía de servizo cada día.

É un obxectivo de EMBRIOMARKET establecer acordos con outras empresas e organizacións do sector cuxa unión fortalezca os mercados e intereses de ambas, ampliando e mellorando a oferta de servizos e oportunidades aos nosos clientes. Sendo o máximo expoñente a alianza EMBRIOMARKET & EMBRIOVET, existen outras a maiores:

O NOSO EQUIPO

PURI LÓPEZ RAMIL (xerente)

Economista (CEE) e Máster en dirección e xestión de empresas e cooperativas, conta con 20 anos de experiencia na xestión de empresas e o seu asesoramento contable e fiscal. A súa traxectoria profesional permitiulle obter experiencia no sector gandeiro e o dos seguros, organizando e xestionando a constitución e posta en marcha de innumerables proxectos empresariais, aos que aportou solidez de plantexamento e orientación adecuada.

A súa función en EMBRIOVET & EMBRIOMARKET é a dirección administrativa, responsabilizándose de toda a xestión da empresa e das transaccións na intermediación e no comercio, a facturación, as cuestións financeiras e fiscais, control e, en definitiva, a xerencia en xeral. O seu asesoramento estará dispoñible para as cuestións fiscais e contables relacionadas coa facturación e comercialización de servizos e embrións en tódalas modalidades posibles.

Ten o MBA.

DANIEL MARTÍNEZ BELLO (director técnico)

Veterinario especializado en transferencia embrionaria. A súa formación inicial de firma canadiense do máis alto nivel técnico, complétase ininterrumpidamente mediante cursos e estancias en centros de Europa e USA que lle permiten estar á vangarda da biotecnoloxía da reprodución. Posúe a experiencia de ter participado activamente en máis de 3.000 flushings e 14.000 transferencias de embrións, e realiza a OPU-FIV dende xaneiro do 2013. Tras ter dirixido durante 19 anos a U.T.E.  de Bos, conseguiu o recoñecemento de gandeiros e técnicos grazas ao aval dos seus resultados, non só en Galicia, senón en moitos outros puntos de España. Actualmente atende o departamento de reprodución e xenética do proxecto T.E. de "Blanca from de Pyrenees - Ponderosa Holsteins", en Lleida, simultáneamente á súa dedicación á empresa EMBRIOVET S.L. creada tras o peche da U.T.E. de Bos.

O seu papel en Embriomarket inclúe un apoio ao departamento comercial, e un apoio loxístico, ao estar en contacto continuo coas explotacións dos clientes de ambas empresas. Embriovet, como equipo autorizado para o comercio intracomunitario, ofrece a infrastrutura necesaria para o comercio dos embrións, xunto coas garantías e certificacións precisas para os movementos, ademais do servizo veterinario e o seu asesoramento xeral (sanitario, import/export, etc.)

Doutor en veterinaria.

 

MARTÍN BONET BO (veterinario)

Veterinario dedicado á reprodución en bovino. Con formación en reproducción e xenética, realizou unha estancia na Universidade de Florida.