Condicións Xerais de Contratación
Información previa ao proceso contractual


A presente  páxina  web  www.embriomarket.com  é  propiedade  de  EMBRIOMARKET  SL  con CIF B70308606 e dirección fiscal en PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS (CORUÑA, A). As  condicións Xerais de  Contratación  regulan  a  relación  de  venda  a  distancia  entre EMBRIOMARKET  SL  e  o  usuario  ou  cliente,  de  acordo  coas  estipulacións  legais,  en especial,  a Ley  7/1998,  do 13  de abril, sobre Condicións Xerais de Contratación,  a Ley 3/2014,  do  27  de  marzo  pola  que  se  modifica  o  texto  refundido  da  Lei  Xeral  para  a Defensa  dos  consumidores  e  Usuarios,  a  Lei  Orgánica  15/1999,  do  13  de  decembro,  de Protección  de  Datos  de  Carácter  Persoal,  a  Lei  7/1996,  do  15  de  xaneiro  de  Ordenación  do Comercio  Minorista,  e  á  Lei  34/2002  do  11  de  xullo,  de  Servizos  da  Sociedade  da Información y do Comercio Electrónico.


EMBRIOMARKET  SL  resérvase  o  dereito  a  realizar  as  modificacións  que  considere oportunas,  sen  aviso  previo,  nas  Condicións Xerais.  Ditas  modificacións  poderán realizarse,  a  través  das  súas  websites,  por  calquera  forma  admisible  en  dereito  e  serán  de obrigado cumprimento durante o tempo en que se atopen publicadas na web e  ata que non sexan modificadas validamente por outras posteriores. Non obstante,  EMBRIOMARKET SL resérvase  o  dereito  de  aplicar,  en  determinados  casos,  unhas  Condicións  Particulares  de Contratación  con  preferencia  ás  presentes  Condicións  Xerais cando  o  considere oportuno, anunciándoas en tempo e forma oportunos. O obxecto  da páxina web é ofertar e publicitar a venda directa de embrións de  bovino en todo o territorio nacional e de fóra deste.

A duración do contrato quedará vencellada  á entrega do produto sen prexuízo do dereito de desestimación.

Como usuario ou cliente declara expresamente coñecer, entender e aceptar as condicións de uso  e  estas  condicións  xerais de  contratación.  Do  mesmo  modo,  declara  ser  maior  de idade e  ter  a  capacidade  xurídica  e  de  obra  necesarias  para  o acceso  aos  sitios  web  de EMBRIOMARKET SL e á contratación por medio dos mesmos. Para adquirir os nosos produtos, pode dirixirse ao apartado correspondente da nosa tenda online. É  requisito  imprescindible  que  se  rexistre  como  usuario  da  web  para  realizar  a  compra online.  Pode  acceder  ao  apartado  correspondente  para  o  rexistro  na  propia  web. Conforme co establecido pola Lei Orgánica 15/1999 de  Protección de Datos de Carácter Persoal,  EMBRIOMARKET  SL  informa  aos  usuarios  de que  os  datos  persoais  recabados durante  o proceso  de  rexistro  e  posterior  compra,  serán  introducidos  nun  ficheiro  baixo  a súa responsabilidade, coa finalidade de tramitar ditas accións por parte do usuario e xestionar actuacións posteriores derivadas das mesmas. Asemade, EMBRIOMARKET SL informa da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un  escrito  ao enderezo  PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS (CORUÑA,  A)  ou  a  través  do  correo electrónico administracion@embriomarket.com .
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.

Durante o proceso de compra deberá identificarse co nome de usuario e o contrasinal proporcionados.  Estes  datos  non  serán  públicos.  Vostede  faise  responsable  de  tratar confidencial  e  responsablemente  a  identidade  e  contrasinal  obtidos  no  rexistro  como cliente,  non  puidendo  cedelas  a  outro.  Pode  modificar  a  información  rexistrada  en  todo momento, na sua área de cliente. Neste mesmo apartado vostede terá acceso a un histórico dos seus  pedidos,  este  é tan só un  apartado  de  consulta  pero  permítese a súa  xestión,  podendo  o usuario eliminar aqueles rexistros que considere que non é necesario visualizar.

Finalizado  o  proceso  de  compra  o  cliente  recibirá  unha  confirmación  do  mesmo  por  correo electrónico. É imprescindible que durante o proceso de compra o usuario indique un correo electrónico  válido.  Se en  24  horas  dende  a  finalización  do  pedido  non  recibe  a  confirmación, póñase  en  contacto  con  EMBRIOMARKET  SL  no  teléfono  de  atención  ao  cliente +34 649 239 488 ou mediante o correo electrónico  administracion@embriomarket.com .

Todos os contidos da web están en español, galego e inglés.
O  cliente,  ao  recibir  o  produto  no  enderezo  de  entrega  facilitada,  recibirá  unha  factura  ou copia do pedido.


Oferta e vixencia

No caso dun produto en oferta, sempre se indicará xunto as súas características esenciais, o prezo de oferta e a validez da mesma.
En cumprimento da normativa vixente EMBRIOMARKET SL ofrece información sobre todos os  artigos  en  venda,  as súas  características  e  prezos.  Non  obstante,  EMBRIOMARKET  SL  se reserva  o  dereito  a  retirar,  repoñer  ou  cambiar  os  produtos  que  se  ofrecen  a  través  da  súa páxina  web,  mediante  o simple  cambio  no  contido  da  mesma.  Desta  forma,  os produtos ofrecidos en cada momento pola web rexiránse polas Condicións Xerais de Contratación  vixentes  en  cada  caso.  Asemade,  a  empresa  terá  a  facultade  de  deixar  de ofrecer, sen previo aviso e en calquera momento, o acceso aos produtos mencionados.

Características esenciais dos produtos

Os  produtos  ofertados  na  nosa  tenda  online,  incorporan  unha  fotografía e  as características  esenciais  do  animal  de  orixe.  A  cor  do  produto,  observable  na fotografía non é vencellante. Nas características identifícase o mesmo.

Garantías

EMBRIOMARKET SL dispón dun servizo de posventa, mentres esté vixente a garantía, o cliente poderá executala dirixíndose ao establecemento de EMBRIOMARKET SL, ao servizo de posventa,  por  correo  electrónico  a  administracion@embriomarket.com    ou  aos  puntos establecidos polo propio proveedor. No caso de dúbida poderá dirixirse ao teléfono de atención ao  cliente +34 649 239 488 ou mediante o correo electrónico  administracion@embriomarket.com

PreZos

Todos os produtos indican o prezo de venda en Euros e inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).
Se fose aplicable calquera outro imposto, así se indicaría.

Gastos de entrega e transporte

EMBRIOMARKET  SL comunicaralle os gastos de entrega e transporte segundo zona e país. Mínimo 72 horas

Formas de pago e execución do pedido

O  cliente  poderá  abonar  o  importe  do  seu  pedido  optando  por  calquera  das  seguintes formas. Durante o proceso de compra deberá indicar a súa elección:

  • Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios se realizan empregando un entorno seguro, un servidor  baseado na   tecnoloxía de seguridade estándar SSL (Secure Sockets Layer). Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da rede.
    Asemade os datos sobre a súa tarxeta de crédito son introducidos directamente na páxina do banco, no  TPV (Terminal Punto de venta del Banco) e non son introducidos nin rexistrados en ningún servidor de EMBRIOMARKET SL.

Ao  pagar  con  tarxeta  VISA  ou  MASTERCARD solicitaránselle  sempre  os  seguintes datos:  o número da tarxeta, a data de caducidade, e un Código de Validación  que coincide coas tres últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da súa tarxeta VISA ou MASTERCARD, ofrecendo, desta forma, máis garantías acerca da seguridade da transacción.

Esta forma de pago é válida unicamente na web.

Cando o importe dunha compra ten sido cargado fraudulenta ou indebidamente, utilizando o número dunha tarxeta de pago, o seu titular poderá esixir a inmediata anulación do cargo. En tal caso, as correspondentes anotacións de adeudo e reabono nas contas do proveedor e do titular efectuaranse á maior brevidade posible.
Sen embargo, se a compra foi realizada efectivamente polo titular da tarxeta e a esixencia de devolución non fose consecuencia de terse exercido o  dereito de desistimento ou de resolución e, polo tanto,  esixe indebidamente a anulación do correspondente cargo,  quedará  obrigado  frente  a  EMBRIOMARKET  SL  ao  resarcimento  dos  danos e prexuízos ocasionados como consecuencia de dita anulación.

  • Paypal. Permite enviar pagos en Internet de forma segura e cómoda. A rede de PayPal baséase na infraestrutura financeira existente de contas bancarias e tarxetas de crédito para crear unha solución global de pago en tempo real. Paypal ofrece un servizo especialmente pensado para aqueles aos que non lles satisfacen os mecanismos de pago tradicionais. Máis información en Paypal:  http://www.paypal.com.

EMBRIOMARKET SL  comprométese a entregar o pedido nun mínimo de 72 horas, dependendo o máximo da zona e o país (a partir do día seguinte á realización do pedido). 

A dispoñibilidade dos produtos ofrecidos por EMBRIOMARKET SL pode variar en función da demanda dos clientes. Pese a que EMBRIOMARKET SL actualiza o stock periódicamente, o  produto  solicitado  polo cliente  podería  estar  esgotado  nese  intre.  No  caso  de  non execución por indispoñibilidade, EMBRIOMARKET SL no momento que teña coñecemento desta  situación notificarállelo  ao  cliente,  por  medio  dun  correo  electrónico.  O  período  desta comunicación  non superará  en  ningún  caso  o prazo  máximo  de  30  días.  EMBRIOMARKET  SL poderá  dar  a  dobre  opción  de:  subministrar  ao  cliente  sen  aumento  de  prezo,  un  produto  de características similares ou de superior calidade, ou salvo razóns xustificadas e demostrables por EMBRIOMARKET  SL  dentro  deste  mesmo  período  abonar  as  sumas  pagadas  polo  pedido anulado. No suposto de que EMBRIOMARKET SL non realice este abono no prazo sinalado, o comprador poderá reclamar que se lle pague o dobre da suma adeudada, sen prexuízo ao seu dereito de ser indemnizado.


Dereito de desestimación, devolucións e reclamacións

Segundo o establecido no  art.103 da Lei 3/2014, do 27 de marzo pola que se modifica o texto  refundido  da  Lei  Xeral  para  a  Defensa  dos  consumidores  e  Usuarios ,  os subministros  de  servizos  ou  bens, confeccionado  conforme  ás  especificacións  do consumidor ou claramente personalizados, ou que, dada a súa natureza, non podan ser devoltos ou podan deteriorarse ou caducar con rapidez, están exentos de desestimación.

Pola propia natureza do produto embrión non se aceptan devolucións do mesmo.

A DEVOLUCIÓN
EMBRIOMARKET SL encargarase de recoller o produto.


O  cliente  deberá  devolver  ou  entregar  directamente  o  produto  a  EMBRIOMARKET  SL,  ao enderezo POLÍGONO INDUSTRIAL DE PIADELA, P8 15300,  BETANZOS (CORUÑA, A), sen demora indebida, e en todo caso nun prazo máximo de catorce días naturais a partir da data na que se formalice o dereito de desestimación do contrato. Entenderase cumprido o prazo se o cliente efectúa a devolución do produto antes da finalización do prazo. EMBRIOMARKET SL farase cargo dos custos da devolución. 


O cliente farase cargo dos custos de devolución do produto.


En todo caso, os produtos a devolver deberán estar en perfectas condicións, sen usar e no seu embalaxe orixinal. Prégase, polo tanto, que para evitar problemas no transporte, se asegure de que o paquete vai debidamente protexido e precintado. Unha vez recibido/s, chequearemos o seu estado.  No  momento  no  que  comprobemos  que  tanto  o(s)  artigo(s),  como  os  posibles compoñentes,  accesorios,  obsequios  promocionais  e  documentación,  estean  completos  e  en perfectas condicións, procederemos a devolver o diñeiro abonado.

REEMBOLSO DO PAGAMENTO
O reembolso  das  cantidades  recibidas  polo  cliente realizarase  empregando os  mesmos medios de pago empregados polo cliente, sempre e cando non se dispoña o contrario. EMBRIOMARKET  SL  poderá  reter  o  reembolso  ata  ter recibido  o  produto,  motivo  de desestimación, ou ata que o cliente entregue xustificante de devolución do mesmo, segundo que condición se cumpra primeiro.

No caso de retraso inxustificado por parte de EMBRIOMARKET SL, respecto á devolución das sumas abonadas, o cliente poderá reclamar o dobre das sumas pagadas, sen prexuízo do dereito de ser  indemnizado  polos  danos  e  prexuízos  sufridos  nos  que  exceda  de  dita cantidade.

DEVOLUCIÓN NO CASO DE ESTAR DEFECTUOSO
No caso de que o produto non se atope en bo estado e as causas imputables a este, non sexan consecuencia do cliente, este terá dereito á devolución do produto, informando a EMBRIOMARKET SL do motivo de devolución a través de calquera dos medios facilitados nas presentes condicións de contratación, e sen coste algún para o cliente. Esta devolución por  motivo  de  defecto  ou  mal  estado  do  produto  non  será  considerada  un  dereito  de desestimación.
EMBRIOMARKET  SL  comprométese  a  asumir  o  custo  da  devolución  e  a  restituír  o  produto por un novo de acordo coas condicións aceptadas no momento da venda.

Se o cliente desexa presentar unha reclamación, o establecemento de EMBRIOMARKET SL está situado  na  PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS  (CORUÑA,  A)  ou  a  través  do  correo  electrónico administracion@embriomarket.com (mailto: administracion@embriomarket.com)

 

XURISDICIÓN

Asemade,  EMBRIOMARKET  SL  resérvase  a  facultade  de  presentar  as  accións  civís  ou penais que considere oportunas pola utilización indebida do seu sitio web e máis os contidos ou polo incumprimento das presentes condicións.
A relación entre o usuario e o prestador rexirase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español. De xurdir calquera controversia as partes poderán someter os seus conflitos a arbitraxe ou acudir á xurisdición ordinaria cumprindo coas normas sobre xurisdición e competencia ao respecto. EMBRIOMARKET SL ten o seu domicilio en CORUÑA, A, España.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADe nas REDES SOCIAiS


En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999,  do  13  de decembro,  de Protección de Datos  de Carácter  Persoal  (LOPD)  e  a  Lei  34/2002,  do  11  de  xullo,  de  Servizos  da  Sociedade  da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), EMBRIOMARKET SL  informa aos usuarios, de que  creou un  perfil  na  Rede  Social  Facebook,  coa  finalidade  principal  de publicitar os seus produtos e servizos.

Datos de EMBRIOMARKET SL:

O usuario dispón dun perfil na  mesma Rede Social e decidiu unirse á páxina creada por EMBRIOMARKET SL, mostrando así interese na información que se publicite na Rede. Ao unirse á nosa páxina, facilítanos o seu consentimento para o tratamento de aqueles datos persoais publicados no seu perfil. O usuario pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade da propia Rede Social, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade.

EMBRIOMARKET SL  ten acceso e trata aquela información pública do usuario, en especial, o seu nome de contacto.  Estes datos, só son empregados dentro da propia Rede Social. Non son incorporados a ningún ficheiro. En relación aos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dos que vostede dispón e que poden ser exercitados ante  EMBRIOMARKET SL, de acordo coa LOPD, debe ter en conta os seguintes matices:

  • Acceso: Virá definido pola funcionalidade da Rede Social e a capacidade de acceso á información dos perfís dos usuarios.
  • Rectificación:  Só  poderá  satisfacerse  en  relación  a  aquela  información  que  se atope  baixo  o control  de  EMBRIOMARKET  SL,  por  exemplo,  eliminar  comentarios publicados  na  propia  páxina. Normalmente,  este  dereito  deberá  exercerlo  ante  a Rede Social.
  • Cancelación  y/u  Oposición:  Como no caso  anterior,  só  poderá  satisfacerse  en relación a aquela información que se atope baixo o control de  EMBRIOMARKET SL, por exemplo, deixar de estar unido ao perfil.

EMBRIOMARKET SL realizará as seguintes actuacións:

  • Acceso á información pública do perfil.
  • Publicación no perfil  do  usuario  de  toda  aquela  información  xa  publicada  na páxina de EMBRIOMARKET SL.
  • Enviar mensaxes persoais e individuais a través das canles da Rede Social.
  • Actualizacións do estado da páxina que se publicarán no perfil do usuario.
  • O  usuario  sempre  pode  controlar  as súas  conexións,  eliminar  os  contidos  que  deixen  de interesarlle  e  restrinxir  con  quen  comparte  as súas  conexións,  para iso  deberá  acceder  á  súa configuración de privacidade.

PUBLICACIÓNS
O  usuario,  unha  vez  unido á páxina  de  EMBRIOMARKET  SL,  poderá  publicar  nesta  última comentarios,  ligazóns,  imaxes  ou  fotografías  ou  calquera  outro  tipo  de  contido  multimedia soportado pola Rede Social. O usuario, en tódolos casos, debe ser o titular dos mesmos, gozar dos dereitos de autor e de propiedade intelectual ou contar co consentimento dos terceiros  afectados.  Prohíbese  expresamente  cualquier  publicación  en  la  página,  ya  sean textos, gráficos, fotografías, vídeos, etc. que  atenten o sean susceptibles de atentar contra la moral, la ética, el buen gusto o el decoro, y/o que infrinjan, violen o quebrantar os dereitos de propiedade  intelectual  ou  industrial,  o  dereito á imaxe  ou  a  Lei.  Nestes  casos, EMBRIOMARKET  SL  resérvase  o  dereito  a  retirar  de  inmediato  o  contido,  puidendo solicitar o bloqueo permanente do usuario.

EMBRIOMARKET SL  non se fai responsable dos contidos que libremente publique un usuario.
O usuario debe  ter presente que as súas publicacións serán coñecidas polos outros usuarios, polo que el mesmo é o principal responsable da súa privacidade.

As imaxes que poidan publicarse na páxina non serán almacenadas en ningún ficheiro por parte de EMBRIOMARKET SL, pero si que permanecerán na Rede Social.


CONCURSOS E PROMOCIÓNS
EMBRIOMARKET  SL  resérvase  o  dereito  a  realizar  concursos  e  promocións,  nos  que poderá participar o usuario unido á súa páxina. As bases de cada un deles, cando se empregue a plataforma da Rede Social, serán publicadas na mesma. Cumprindo sempre coa LSSI-CE e con calquera outra norma que lle sexa de aplicación.
A Rede  Social  non  patrocina,  avala  nin  administra,  en  modo  algún,  ningunha  das  nosas promocións, nin está asociada a ningunha delas.


PUBLICIDADE
EMBRIOMARKET  SL  empregará  a  Rede  Social  para  publicitar  os seus  produtos  e servizos,  en  todo caso,  se decide  tratar  os seus  datos  de  contacto  para  realizar  accións  directas  de  prospección comercial, será sempre, cumprindo coas esixencias legais da LOPD e da LSSI-CE. Non  se  considerará  publicidade  o  feito  de  recomendar  a  outros  usuarios  a  páxina  de EMBRIOMARKET  SL  para  que  tamén  eles  poidan  desfrutar  das  promocións  ou  estar informados da súa actividadw.

A continuación detallamos a ligazón á política de privacidade da Rede Social:
Facebook: https://www.facebook.com/help/323540651073243/