go_content

Embriovet

 

LABORATORIOS MÓBILES: as nosas unidades móbiles de laboratorio están dotadas para poder dar tódolos servizos con total autonomía en calquera lugar. Deseñados e construídos conforme á lexislación vixente, dispoñen dunha parte para o almacenamento dos materiais e equipos que contactan cos animais e unha parte limpa de laboratorio dotada de equipos de altísima calidade que permiten realizar un traballo no que confiar para alcanzar os mellores resultados.

LABORATORIO FIXO: dispón dun local especificamente construído para o almacenamento dos embrións. Este banco de embrións está recoñecido pola autoridade competente e suxeto ás inspeccións pertinentes. Dispoñemos de numerosos termos de Nitróxeno líquido e tamén termos tipo "Dry shipper", válidos para o transporte, incluso por avión. O contrato de subministro de N.L. dous veces por mes garantiza a boa conservación dos embrións dos nosos clientes. O tratamento informático dos datos permite a completa trazabilidade dos movementos dos embrións e a boa xestión e orde do banco de embrións.

O laboratorio fixo está equipado cunha zona para o lavado do material e con equipos de esterilización, estufa e autoclave, para poder reutilizar algúns materiais de cara a ofrecer a máxima calidade de servizo e nas mellores condicións.

Cada tipo de material dispón do seu compartimento específico e moi en especial os medicamentos veterinarios e hormonas que se aloxan nun armario especial para medicamentos. Con gran capacidade para almacenamento en frío e banco de mostras conxeladas para o seu seguimento oficial.

Estas instalacións fixas están pensadas e organizadas para dar o mellor soporte no almacenamento, subministro e reciclaxe de todo o necesario para traballar nas granxas coa máxima garantía.

OS NOSOS SERVIZOS

Ofrecemos a pé de granxa tódolos servizos de Transferencia Embrionaria in vivo e in vitro:

Preparación e superovulación de donantes de embrións: visitamos ás donantes, explorámolas, organizamos os tratamentos e o seu seguimento e finalmente decidimos e organizamos o mellor protocolo de tratamento superovulatorio que se adapte a cada caso.

Preparación e sincronización de receptoras: axudámoslle a seleccionalas e sincronizalas se é necesario.

Recollida de embrións: lavado (flushing) das donantes (dúas técnicas dispoñibles), busca e valoración dos embrións.

Conxelación de embrións: facemos conxelación en Etilenglicol para a súa posterior Transferencia Directa. Cada embrión é envasado nunha pajuela estéril identificada segundo a normativa RD841/2011 do 17 de xuño.

Conservación e almacenamento no noso banco de embrións.

Transferencia dos embrións: tanto frescos como conxelados-desconxelados en tódalas modalidades: transferencia directa, glicerol ou vitrificados. Facemos a selección das receptoras empregando a ecografía para aumentar o rendemento da técnica.

División de embrións: empregamos a técnica "Splitting" para dividir cada embrión en dúas metades, antes da súa transferencia en fresco.

Sesaxe de embrións: dispoñible o diagnóstico de sexo do embrión mediante dúas técnicas: en tempo real, no propio laboratorio móbil obtense unha biopsia de cada embrión que se analiza mediante o Kit Sex-Y; ou ben un procedemento diferido enviando a biopsia embrionaria ao laboratorio de xenética molecular para a súa análise por PCR.

Diagnóstico do sexo fetal por ecografía: entre 55 e 100 días aprox. podemos coñecer o sexo da futura cría.

Documentamos tódolos procedementos mediante o tratamento informático dos datos e aportamos todos os certificados necesarios para o rexistro das crías no libro xenealóxico correspondente.

Documentos e trámites administrativos para todo tipo de intercambio de embrións entre granxas, incluída a exportación e o comercio intracomunitario. Estamos habilitados para emitir documentos de traslado de embrións dentro do territorio nacional.

Asesoramiento xenético e comercialización de embrións a través da unión con EMBRIOMARKET S.L.