Condicións Xerais de Contratación
Información previa ao proceso contractual
A presente páxina web www.embriomarket.com é propiedade de EMBRIOMARKET SL con CIF B70308606 e dirección fiscal en PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS (CORUÑA, A). As condicións Xerais de Contratación regulan a relación de venda a distancia entre EMBRIOMARKET SL e o usuario ou cliente, de acordo coas estipulacións legais, en especial, a Ley 7/1998, do 13 de abril, sobre Condicións Xerais de Contratación, a Ley 3/2014, do 27 de marzo pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e Usuarios, a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Lei 7/1996, do 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Minorista, e á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información y do Comercio Electrónico.
EMBRIOMARKET SL resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas, sen aviso previo, nas Condicións Xerais. Ditas modificacións poderán realizarse, a través das súas websites, por calquera forma admisible en dereito e serán de obrigado cumprimento durante o tempo en que se atopen publicadas na web e ata que non sexan modificadas validamente por outras posteriores. Non obstante, EMBRIOMARKET SL resérvase o dereito de aplicar, en determinados casos, unhas Condicións Particulares de Contratación con preferencia ás presentes Condicións Xerais cando o considere oportuno, anunciándoas en tempo e forma oportunos. O obxecto da páxina web é ofertar e publicitar a venda directa de embrións de bovino en todo o territorio nacional e de fóra deste.
A duración do contrato quedará vencellada á entrega do produto sen prexuízo do dereito de desestimación.
Como usuario ou cliente declara expresamente coñecer, entender e aceptar as condicións de uso e estas condicións xerais de contratación. Do mesmo modo, declara ser maior de idade e ter a capacidade xurídica e de obra necesarias para o acceso aos sitios web de EMBRIOMARKET SL e á contratación por medio dos mesmos. Para adquirir os nosos produtos, pode dirixirse ao apartado correspondente da nosa tenda online. É requisito imprescindible que se rexistre como usuario da web para realizar a compra online. Pode acceder ao apartado correspondente para o rexistro na propia web. Conforme co establecido pola Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, EMBRIOMARKET SL informa aos usuarios de que os datos persoais recabados durante o proceso de rexistro e posterior compra, serán introducidos nun ficheiro baixo a súa responsabilidade, coa finalidade de tramitar ditas accións por parte do usuario e xestionar actuacións posteriores derivadas das mesmas. Asemade, EMBRIOMARKET SL informa da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ao enderezo PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS (CORUÑA, A) ou a través do correo electrónico administracion@embriomarket.com .
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.
Durante o proceso de compra deberá identificarse co nome de usuario e o contrasinal proporcionados. Estes datos non serán públicos. Vostede faise responsable de tratar confidencial e responsablemente a identidade e contrasinal obtidos no rexistro como cliente, non puidendo cedelas a outro. Pode modificar a información rexistrada en todo momento, na sua área de cliente. Neste mesmo apartado vostede terá acceso a un histórico dos seus pedidos, este é tan só un apartado de consulta pero permítese a súa xestión, podendo o usuario eliminar aqueles rexistros que considere que non é necesario visualizar.
Finalizado o proceso de compra o cliente recibirá unha confirmación do mesmo por correo electrónico. É imprescindible que durante o proceso de compra o usuario indique un correo electrónico válido. Se en 24 horas dende a finalización do pedido non recibe a confirmación, póñase en contacto con EMBRIOMARKET SL no teléfono de atención ao cliente +34 649 239 488 ou mediante o correo electrónico administracion@embriomarket.com .
Todos os contidos da web están en español, galego e inglés.
O cliente, ao recibir o produto no enderezo de entrega facilitada, recibirá unha factura ou copia do pedido.
Oferta e vixencia
No caso dun produto en oferta, sempre se indicará xunto as súas características esenciais, o prezo de oferta e a validez da mesma.
En cumprimento da normativa vixente EMBRIOMARKET SL ofrece información sobre todos os artigos en venda, as súas características e prezos. Non obstante, EMBRIOMARKET SL se reserva o dereito a retirar, repoñer ou cambiar os produtos que se ofrecen a través da súa páxina web, mediante o simple cambio no contido da mesma. Desta forma, os produtos ofrecidos en cada momento pola web rexiránse polas Condicións Xerais de Contratación vixentes en cada caso. Asemade, a empresa terá a facultade de deixar de ofrecer, sen previo aviso e en calquera momento, o acceso aos produtos mencionados.
Características esenciais dos produtos
Os produtos ofertados na nosa tenda online, incorporan unha fotografía e as características esenciais do animal de orixe. A cor do produto, observable na fotografía non é vencellante. Nas características identifícase o mesmo.
Garantías
EMBRIOMARKET SL dispón dun servizo de posventa, mentres esté vixente a garantía, o cliente poderá executala dirixíndose ao establecemento de EMBRIOMARKET SL, ao servizo de posventa, por correo electrónico a administracion@embriomarket.com ou aos puntos establecidos polo propio proveedor. No caso de dúbida poderá dirixirse ao teléfono de atención ao cliente +34 649 239 488 ou mediante o correo electrónico administracion@embriomarket.com
PreZos
Todos os produtos indican o prezo de venda en Euros e inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).
Se fose aplicable calquera outro imposto, así se indicaría.
Gastos de entrega e transporte
EMBRIOMARKET SL comunicaralle os gastos de entrega e transporte segundo zona e país. Mínimo 72 horas.
Formas de pago e execución do pedido
O cliente poderá abonar o importe do seu pedido optando por calquera das seguintes formas. Durante o proceso de compra deberá indicar a súa elección:
- Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios se realizan empregando un entorno seguro, un servidor baseado na tecnoloxía de seguridade estándar SSL (Secure Sockets Layer). Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da rede.
Asemade os datos sobre a súa tarxeta de crédito son introducidos directamente na páxina do banco, no TPV (Terminal Punto de venta del Banco) e non son introducidos nin rexistrados en ningún servidor de EMBRIOMARKET SL.
Ao pagar con tarxeta VISA ou MASTERCARD solicitaránselle sempre os seguintes datos: o número da tarxeta, a data de caducidade, e un Código de Validación que coincide coas tres últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da súa tarxeta VISA ou MASTERCARD, ofrecendo, desta forma, máis garantías acerca da seguridade da transacción.
Esta forma de pago é válida unicamente na web.
Cando o importe dunha compra ten sido cargado fraudulenta ou indebidamente, utilizando o número dunha tarxeta de pago, o seu titular poderá esixir a inmediata anulación do cargo. En tal caso, as correspondentes anotacións de adeudo e reabono nas contas do proveedor e do titular efectuaranse á maior brevidade posible.
Sen embargo, se a compra foi realizada efectivamente polo titular da tarxeta e a esixencia de devolución non fose consecuencia de terse exercido o dereito de desistimento ou de resolución e, polo tanto, esixe indebidamente a anulación do correspondente cargo, quedará obrigado frente a EMBRIOMARKET SL ao resarcimento dos danos e prexuízos ocasionados como consecuencia de dita anulación.
- Paypal. Permite enviar pagos en Internet de forma segura e cómoda. A rede de PayPal baséase na infraestrutura financeira existente de contas bancarias e tarxetas de crédito para crear unha solución global de pago en tempo real. Paypal ofrece un servizo especialmente pensado para aqueles aos que non lles satisfacen os mecanismos de pago tradicionais. Máis información en Paypal: http://www.paypal.com.
EMBRIOMARKET SL comprométese a entregar o pedido nun mínimo de 72 horas, dependendo o máximo da zona e o país (a partir do día seguinte á realización do pedido).
A dispoñibilidade dos produtos ofrecidos por EMBRIOMARKET SL pode variar en función da demanda dos clientes. Pese a que EMBRIOMARKET SL actualiza o stock periódicamente, o produto solicitado polo cliente podería estar esgotado nese intre. No caso de non execución por indispoñibilidade, EMBRIOMARKET SL no momento que teña coñecemento desta situación notificarállelo ao cliente, por medio dun correo electrónico. O período desta comunicación non superará en ningún caso o prazo máximo de 30 días. EMBRIOMARKET SL poderá dar a dobre opción de: subministrar ao cliente sen aumento de prezo, un produto de características similares ou de superior calidade, ou salvo razóns xustificadas e demostrables por EMBRIOMARKET SL dentro deste mesmo período abonar as sumas pagadas polo pedido anulado. No suposto de que EMBRIOMARKET SL non realice este abono no prazo sinalado, o comprador poderá reclamar que se lle pague o dobre da suma adeudada, sen prexuízo ao seu dereito de ser indemnizado.
Dereito de desestimación, devolucións e reclamacións
Segundo o establecido no art.103 da Lei 3/2014, do 27 de marzo pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e Usuarios , os subministros de servizos ou bens, confeccionado conforme ás especificacións do consumidor ou claramente personalizados, ou que, dada a súa natureza, non podan ser devoltos ou podan deteriorarse ou caducar con rapidez, están exentos de desestimación.
Pola propia natureza do produto embrión non se aceptan devolucións do mesmo.
A DEVOLUCIÓN
EMBRIOMARKET SL encargarase de recoller o produto.
O cliente deberá devolver ou entregar directamente o produto a EMBRIOMARKET SL, ao enderezo POLÍGONO INDUSTRIAL DE PIADELA, P8 15300, BETANZOS (CORUÑA, A), sen demora indebida, e en todo caso nun prazo máximo de catorce días naturais a partir da data na que se formalice o dereito de desestimación do contrato. Entenderase cumprido o prazo se o cliente efectúa a devolución do produto antes da finalización do prazo. EMBRIOMARKET SL farase cargo dos custos da devolución.
O cliente farase cargo dos custos de devolución do produto.
En todo caso, os produtos a devolver deberán estar en perfectas condicións, sen usar e no seu embalaxe orixinal. Prégase, polo tanto, que para evitar problemas no transporte, se asegure de que o paquete vai debidamente protexido e precintado. Unha vez recibido/s, chequearemos o seu estado. No momento no que comprobemos que tanto o(s) artigo(s), como os posibles compoñentes, accesorios, obsequios promocionais e documentación, estean completos e en perfectas condicións, procederemos a devolver o diñeiro abonado.
REEMBOLSO DO PAGAMENTO
O reembolso das cantidades recibidas polo cliente realizarase empregando os mesmos medios de pago empregados polo cliente, sempre e cando non se dispoña o contrario. EMBRIOMARKET SL poderá reter o reembolso ata ter recibido o produto, motivo de desestimación, ou ata que o cliente entregue xustificante de devolución do mesmo, segundo que condición se cumpra primeiro.
No caso de retraso inxustificado por parte de EMBRIOMARKET SL, respecto á devolución das sumas abonadas, o cliente poderá reclamar o dobre das sumas pagadas, sen prexuízo do dereito de ser indemnizado polos danos e prexuízos sufridos nos que exceda de dita cantidade.
DEVOLUCIÓN NO CASO DE ESTAR DEFECTUOSO
No caso de que o produto non se atope en bo estado e as causas imputables a este, non sexan consecuencia do cliente, este terá dereito á devolución do produto, informando a EMBRIOMARKET SL do motivo de devolución a través de calquera dos medios facilitados nas presentes condicións de contratación, e sen coste algún para o cliente. Esta devolución por motivo de defecto ou mal estado do produto non será considerada un dereito de desestimación.
EMBRIOMARKET SL comprométese a asumir o custo da devolución e a restituír o produto por un novo de acordo coas condicións aceptadas no momento da venda.
Se o cliente desexa presentar unha reclamación, o establecemento de EMBRIOMARKET SL está situado na PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS (CORUÑA, A) ou a través do correo electrónico administracion@embriomarket.com (mailto: administracion@embriomarket.com)
XURISDICIÓN
Asemade, EMBRIOMARKET SL resérvase a facultade de presentar as accións civís ou penais que considere oportunas pola utilización indebida do seu sitio web e máis os contidos ou polo incumprimento das presentes condicións.
A relación entre o usuario e o prestador rexirase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español. De xurdir calquera controversia as partes poderán someter os seus conflitos a arbitraxe ou acudir á xurisdición ordinaria cumprindo coas normas sobre xurisdición e competencia ao respecto. EMBRIOMARKET SL ten o seu domicilio en CORUÑA, A, España.
POLÍTICA DE PRIVACIDADe nas REDES SOCIAiS
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), EMBRIOMARKET SL informa aos usuarios, de que creou un perfil na Rede Social Facebook, coa finalidade principal de publicitar os seus produtos e servizos.
Datos de EMBRIOMARKET SL:
- B70308606
- PARCELA 8-IA POLIG IND PIADELA 15300 BETANZOS (CORUÑA, A)
- administracion@embriomarket.com (mailto:administracion@embriovet.es)
- www.embriomarket.com
O usuario dispón dun perfil na mesma Rede Social e decidiu unirse á páxina creada por EMBRIOMARKET SL, mostrando así interese na información que se publicite na Rede. Ao unirse á nosa páxina, facilítanos o seu consentimento para o tratamento de aqueles datos persoais publicados no seu perfil. O usuario pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade da propia Rede Social, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade.
EMBRIOMARKET SL ten acceso e trata aquela información pública do usuario, en especial, o seu nome de contacto. Estes datos, só son empregados dentro da propia Rede Social. Non son incorporados a ningún ficheiro. En relación aos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dos que vostede dispón e que poden ser exercitados ante EMBRIOMARKET SL, de acordo coa LOPD, debe ter en conta os seguintes matices:
- Acceso: Virá definido pola funcionalidade da Rede Social e a capacidade de acceso á información dos perfís dos usuarios.
- Rectificación: Só poderá satisfacerse en relación a aquela información que se atope baixo o control de EMBRIOMARKET SL, por exemplo, eliminar comentarios publicados na propia páxina. Normalmente, este dereito deberá exercerlo ante a Rede Social.
- Cancelación y/u Oposición: Como no caso anterior, só poderá satisfacerse en relación a aquela información que se atope baixo o control de EMBRIOMARKET SL, por exemplo, deixar de estar unido ao perfil.
EMBRIOMARKET SL realizará as seguintes actuacións:
- Acceso á información pública do perfil.
- Publicación no perfil do usuario de toda aquela información xa publicada na páxina de EMBRIOMARKET SL.
- Enviar mensaxes persoais e individuais a través das canles da Rede Social.
- Actualizacións do estado da páxina que se publicarán no perfil do usuario.
- O usuario sempre pode controlar as súas conexións, eliminar os contidos que deixen de interesarlle e restrinxir con quen comparte as súas conexións, para iso deberá acceder á súa configuración de privacidade.
PUBLICACIÓNS
O usuario, unha vez unido á páxina de EMBRIOMARKET SL, poderá publicar nesta última comentarios, ligazóns, imaxes ou fotografías ou calquera outro tipo de contido multimedia soportado pola Rede Social. O usuario, en tódolos casos, debe ser o titular dos mesmos, gozar dos dereitos de autor e de propiedade intelectual ou contar co consentimento dos terceiros afectados. Prohíbese expresamente cualquier publicación en la página, ya sean textos, gráficos, fotografías, vídeos, etc. que atenten o sean susceptibles de atentar contra la moral, la ética, el buen gusto o el decoro, y/o que infrinjan, violen o quebrantar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, o dereito á imaxe ou a Lei. Nestes casos, EMBRIOMARKET SL resérvase o dereito a retirar de inmediato o contido, puidendo solicitar o bloqueo permanente do usuario.
EMBRIOMARKET SL non se fai responsable dos contidos que libremente publique un usuario.
O usuario debe ter presente que as súas publicacións serán coñecidas polos outros usuarios, polo que el mesmo é o principal responsable da súa privacidade.
As imaxes que poidan publicarse na páxina non serán almacenadas en ningún ficheiro por parte de EMBRIOMARKET SL, pero si que permanecerán na Rede Social.
CONCURSOS E PROMOCIÓNS
EMBRIOMARKET SL resérvase o dereito a realizar concursos e promocións, nos que poderá participar o usuario unido á súa páxina. As bases de cada un deles, cando se empregue a plataforma da Rede Social, serán publicadas na mesma. Cumprindo sempre coa LSSI-CE e con calquera outra norma que lle sexa de aplicación.
A Rede Social non patrocina, avala nin administra, en modo algún, ningunha das nosas promocións, nin está asociada a ningunha delas.
PUBLICIDADE
EMBRIOMARKET SL empregará a Rede Social para publicitar os seus produtos e servizos, en todo caso, se decide tratar os seus datos de contacto para realizar accións directas de prospección comercial, será sempre, cumprindo coas esixencias legais da LOPD e da LSSI-CE. Non se considerará publicidade o feito de recomendar a outros usuarios a páxina de EMBRIOMARKET SL para que tamén eles poidan desfrutar das promocións ou estar informados da súa actividadw.
A continuación detallamos a ligazón á política de privacidade da Rede Social:
Facebook: https://www.facebook.com/help/323540651073243/